Mónica: Xogamos ao Dominó:
Con
quen xogastes?
O fin de semana no
que decidimos levar a cabo o proxecto coincidiu que eu non ía ir á miña casa de
Ponferrada, xoguei a o xogo na miña casa de Lugo co meu mozo Sergio.
Onde
xogastes?
Xogamos enriba da
mesa do salón, seguindo as normas da ficha para xogar en parellas.
Gustouche?
Pasámolo moi ben, de
feito, nos pensabamos xogar unha partida e ao final acabamos xogando un bo
anaco de tempo porque o xogo enganchounos.
LORENA: Xogamos á carreira de sacos
Xoguei a carreira de
sacos con meu pai e miña nai
Onde
xogastes?
Nun espazo amplo que
hai diante da nosa casa.
Gustouche?
O principio meus pais
non tiñan moita gana de realizar a actividade pero despois divertímonos e
rímonos moito
CRISTINA: Xogamos á Billarda
Con
quen xogastes?
Coa miña avoa Alicia.
Onde xogastes?
No patio da casa.
Gustouche?
Esta
actividade resultoume moi gratificante xa que me serviu para vivir unha
experiencia que probablemente senón fora por este proxecto nunca a tería
realizado.
SARA: Xogamos a Ovo, pico
araña.
Con
quen xogastes?
Xógamos miña nai,
miña prima e eu. Miña prima era a nai, miña nai a que apandaba e eu saltaba.
Para decidir quen apandaba botámolo a sortes.
Onde
xogastes?
Na terraza da miña
avoa.
Gustouche?
Xogar a ovo, pico,
araña foi unha experiencia moi divertida, rímonos moito por cousas que facíamos
durante o desenvolvemento do xogo.
Ao primeiro parecíame
que non ia poder saltar enriba e con ese detalle rímonos un bo rato.
Con
quen xogastes?
Coa miña irmá
Yolanda.
Onde
xogastes?
Na mesa da cociña da
miña casa.
Gustouche?
Foi unha experiencia
divertida, e ao final, como o xogo nos gustou, xogamos varias partidas e
incluso fixemos un "campeonato", no que a perdedora tería que
recoller a mesa despois de comer durante unha semana.