jueves, 24 de octubre de 2013

1. Os xogos tradicionais.

Definir que é o xogo supón un arduo traballo, pero si é desexable transmitir a súa intencionalidade, nacida do entusiasmo que esperta esta manifestación lúdica que acompaña ao home desde o nacemento hasta a vellez. 


“Xogar é como soñar co corpo” (Duhamel).

Hoxe en día non resulta extraño que nas programacións de maxisterio nos encontremos co uso dos xogos tradicionais como medios de programación educativa, como instrumento de participación escolar ou como técnicas de aprendizaxe e desenvolvemento.

É normal encontrar entre os obxectivos que se marcan nos proxectos curriculares, a redacción, investigación e adaptación de xogos populares ou tradicionais ás programacións de aula, como parte do engrenaxe educativo.

O xogo aparece como un obxectivo máis de calquera adaptación curricular ao fomentar a socialización e relación interpersoal sen quedarse no espírito da letra, senón plasmándoo en máis actividades concretas e non deixándoas ao azar ou a boa vontade do profesor ou titor.

Ao chegar os xogos de masas (fútbol, baloncesto, etc), os xogos tradicionais pasaron a un segundo paso xa que os nenos e nenas deixaron de xogar nas horas de lecer.

Os xogos tradicionais son aqueles que dende fai moito tempo seguen perdurando, provéñense de referencias culturais insertas no ámbito dun territorio ou comunidade (danse en sociedades e culturas concretas). Participan no proceso de socialización, xa que son un fenómeno antropolóxico, son cultura e transmítense de xeración en xeración como normas, valores, crenzas e hábitos compartidos. Como consecuencia de esta transmisión algúns sofren pequenos cambios pero sempre mantendo a esencia inicial. Son xogos que non escritos en ningún libro especial nin se mercan en ningunha xoguetería.

Existe unha ampla gama de modalidades lúdicas dentro dos xogos tradicionais: xogos  de nenos e nenas, cancións de berce, adiviñas, contos, rimas, xogos de sorteo, etc.

Algunhas características comúns a case todos os xogos son:
  • ·         Os nenos son quen deciden cando, onde e como xogar.
  • ·         Responden as necesidades básicas dos nenos e nenas.
  • ·         Teñen regras de fácil compresión, memorización e acatamento.
  • ·         Non requiren demasiado material nin que sexa moi custoso.
  • ·         Son fáciles de compartir.
  • ·         Son practicables en calquera momento e lugar.

Os xogos tradicionais e os xogos populares aportan un gran número de beneficios aos nenos e nenas do contorno. A gran variedade e estilos diferentes fan posible que a práctica dalgún xogo determinado beneficie ao individuo axudándoo a mellorar en calquera aspecto físico ou mental.

Entre os beneficios máis destacables dos xogos populares e tradicionais cabe destacar o aumento das capacidades físicas e motrices de todos os nenos e nenas que practican os xogos. A práctica dalgunha destas actividades reta á propia superación e ao desenvolvemento de novas capacidades dos participantes. Ademais producen un desenvolvemento do sistema locomotor que permite afinar a sincronización dos seus movementos.

Outro gran beneficio que aporta este tipo de actividades é a integración social do neno ou nena co resto do grupo. En moitas ocasións necesítase dun gran número de nenos e nenas para poder xogar ás diferentes actividades populares.

Para o desenvolvemento correcto do xogo é necesaria a interacción duns con outros, obrigando aos nenos que o practican a relacionarse cos diferentes participantes.

Aínda que os xogos poden ser e deben ser coordinados polos propios participantes, sempre é aconsellable a presenza dun adulto que estableza unhas normas claras e imparciais que fagan fluír o xogo con normalidade e equilibrar os equipos en caso de necesidade, para que o xogo tradicional cobre máis forza e esixa máis competitividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario