lunes, 28 de octubre de 2013

3. Xogamos cos nosos familiares


Mónica: Xogamos ao Dominó:

Con quen xogastes?

O fin de semana no que decidimos levar a cabo o proxecto coincidiu que eu non ía ir á miña casa de Ponferrada, xoguei a o xogo na miña casa de Lugo co meu mozo Sergio.

Onde xogastes?

Xogamos enriba da mesa do salón, seguindo as normas da ficha para xogar en parellas.

Gustouche?

Pasámolo moi ben, de feito, nos pensabamos xogar unha partida e ao final acabamos xogando un bo anaco de tempo porque o xogo enganchounos.

 
LORENA: Xogamos á carreira de sacos

Con quen xogastes?

Xoguei a carreira de sacos con meu pai e miña nai

Onde xogastes?

Nun espazo amplo que hai diante da nosa casa.

Gustouche?

O principio meus pais non tiñan moita gana de realizar a actividade pero despois divertímonos e rímonos moito


CRISTINA: Xogamos á Billarda

Con quen xogastes?

Coa miña avoa Alicia.

Onde xogastes?

No patio da casa.

Gustouche?

Esta actividade resultoume moi gratificante xa que me serviu para vivir unha experiencia que probablemente senón fora por este proxecto nunca a tería realizado.

SARA: Xogamos a Ovo, pico araña.

Con quen xogastes?

Xógamos miña nai, miña prima e eu. Miña prima era a nai, miña nai a que apandaba e eu saltaba. Para decidir quen apandaba botámolo a sortes.

Onde xogastes?

Na terraza da miña avoa.

Gustouche?

Xogar a ovo, pico, araña foi unha experiencia moi divertida, rímonos moito por cousas que facíamos durante o desenvolvemento do xogo.

Ao primeiro parecíame que non ia poder saltar enriba e con ese detalle rímonos un bo rato.

 
CRISTINA: Xogamos ao tres en raia.

Con quen xogastes?

Coa miña irmá Yolanda.

Onde xogastes?

Na mesa da cociña da miña casa.

Gustouche?

Foi unha experiencia divertida, e ao final, como o xogo nos gustou, xogamos varias partidas e incluso fixemos un "campeonato", no que a perdedora tería que recoller a mesa despois de comer durante unha semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario