Nome do xogo:
Ovo, pico, araña , Carromato,saltachiviñas, etc.
|
|||||
Recordo:
Quen me falou deste xogo foi miña nai.
Ela xunto cos seus amigos e amigas xogaban cando eran pequenos.
|
|||||
Tipo e
características do xogo:
Xogo
psicomotor, condición física, cooperativo
|
Orixe:
|
||||
Nº de participantes:
9 máximo
|
Idade:
10 anos
|
Duración:
A que precise
|
Localización:
Lugar onde se poidan sentar
|
||
Obxectivos:
Desenvolver as
capacidades físicas, como a resistencia, o equilibrio, a coordinación e a
forza.
|
|||||
Organización do
espazo:
Colócase a cadeira
nunha superficie plana e logo o resto en fila diante da cadeira na posición
que se indique nas normas do xogo.
|
|||||
Recursos
materiais: unha cadeira
|
|||||
Descrición e desenvolvemento do xogo:
Trátase de un xogo de
lombas. Bótanse a sortes e fanse os equipos de dos, tres ou catro nenos cada
un dos equipos. Con mais é moi difícil xogar. Fai falta una nai: pode ser un
neno ou adulto que estea sentado. Os do equipo que apanda póñense en posición
de poldro( reclinada a metade superior do corpo formando un ángulo recto con
respecto ás pernas) e agarrados uns detrás doutros, formando o facu, de tal
xeito que o primeiro teña a cabeza apoiada no colo da nai, o segundo detrás
do primeiro coa cabeza entre as pernas deste e o terceiro e cuarto na mesma
posición que o segundo.
Os membros do outro
equipo saltan dun en un enriba dos que están apandando. Os rapaces saben que
o que mais lonxe é capaz de chegar ( mais preto da nai),debe facelo en
primeiro lugar para deixar sitio aos demais. Estando todos a cabalo, o xefe
do equipo de arriba diríalle ao xefe do equipo dos pandadores: “Ovo, pico,
araña”, ao tempo que pon as mans semellando un ovo ( cos dedos polgar e
índice formando un o), un pico (os dedos nun puño menos o polgar cara arriba)
ou unha araña (todos os dedos da man ecorvados e separados entre si imitando
o corpo do insecto) e só unha destas figuras e cada ocasión. Se o que esta
abaixo acerta, os equipos intercambian funcións; se non, repítese o xogo con cada equipo apandando ou
saltando como lles tocara a vez anterior.
A nai fará de xuíz.
Se os que saltan non se dan matido no alto ata acabar a
xogada, se lles arrastran os pes, se caen perden e apandan. Se os que están
abaixo se soltan entre eles, non aguantan o peso e caen perden e seguen
apandando
.
|
|||||
Adaptacións:
Nunha variante chamada “Picos, porras o tainas” o
desenvolvemento sempre é igual, só varía o vocabulario.
Noutra que se chama
“Churra, monta na burra” o que se fai e saltar e berrar “churra” e una vez
que esta encima dicir “montado estou”.
|
Observacións:
|
jueves, 24 de octubre de 2013
2.e Ovo, pico, araña
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario