lunes, 28 de octubre de 2013

3. Xogamos cos nosos familiares


Mónica: Xogamos ao Dominó:

Con quen xogastes?

O fin de semana no que decidimos levar a cabo o proxecto coincidiu que eu non ía ir á miña casa de Ponferrada, xoguei a o xogo na miña casa de Lugo co meu mozo Sergio.

Onde xogastes?

Xogamos enriba da mesa do salón, seguindo as normas da ficha para xogar en parellas.

Gustouche?

Pasámolo moi ben, de feito, nos pensabamos xogar unha partida e ao final acabamos xogando un bo anaco de tempo porque o xogo enganchounos.

 
LORENA: Xogamos á carreira de sacos

Con quen xogastes?

Xoguei a carreira de sacos con meu pai e miña nai

Onde xogastes?

Nun espazo amplo que hai diante da nosa casa.

Gustouche?

O principio meus pais non tiñan moita gana de realizar a actividade pero despois divertímonos e rímonos moito


CRISTINA: Xogamos á Billarda

Con quen xogastes?

Coa miña avoa Alicia.

Onde xogastes?

No patio da casa.

Gustouche?

Esta actividade resultoume moi gratificante xa que me serviu para vivir unha experiencia que probablemente senón fora por este proxecto nunca a tería realizado.

SARA: Xogamos a Ovo, pico araña.

Con quen xogastes?

Xógamos miña nai, miña prima e eu. Miña prima era a nai, miña nai a que apandaba e eu saltaba. Para decidir quen apandaba botámolo a sortes.

Onde xogastes?

Na terraza da miña avoa.

Gustouche?

Xogar a ovo, pico, araña foi unha experiencia moi divertida, rímonos moito por cousas que facíamos durante o desenvolvemento do xogo.

Ao primeiro parecíame que non ia poder saltar enriba e con ese detalle rímonos un bo rato.

 
CRISTINA: Xogamos ao tres en raia.

Con quen xogastes?

Coa miña irmá Yolanda.

Onde xogastes?

Na mesa da cociña da miña casa.

Gustouche?

Foi unha experiencia divertida, e ao final, como o xogo nos gustou, xogamos varias partidas e incluso fixemos un "campeonato", no que a perdedora tería que recoller a mesa despois de comer durante unha semana.

jueves, 24 de octubre de 2013

2.e Ovo, pico, araña



Nome do xogo:
Ovo, pico, araña , Carromato,saltachiviñas, etc.

Recordo:
Quen me falou deste xogo foi miña nai.  Ela xunto cos seus amigos e amigas xogaban cando eran pequenos.
Tipo e características do xogo:
Xogo psicomotor, condición física, cooperativo
Orixe:

Nº de participantes:
9 máximo
Idade:
10 anos
Duración:
A que precise
Localización:
Lugar onde se poidan sentar
Obxectivos:
Desenvolver as capacidades físicas, como a resistencia, o equilibrio, a coordinación e a forza.
Organización do espazo:
Colócase a cadeira nunha superficie plana e logo o resto en fila diante da cadeira na posición que se indique nas normas do xogo.
Recursos materiais: unha cadeira
Descrición e desenvolvemento do xogo:
Trátase de un xogo de lombas. Bótanse a sortes e fanse os equipos de dos, tres ou catro nenos cada un dos equipos. Con mais é moi difícil xogar. Fai falta una nai: pode ser un neno ou adulto que estea sentado. Os do equipo que apanda póñense en posición de poldro( reclinada a metade superior do corpo formando un ángulo recto con respecto ás pernas) e agarrados uns detrás doutros, formando o facu, de tal xeito que o primeiro teña a cabeza apoiada no colo da nai, o segundo detrás do primeiro coa cabeza entre as pernas deste e o terceiro e cuarto na mesma posición que o segundo.
Os membros do outro equipo saltan dun en un enriba dos que están apandando. Os rapaces saben que o que mais lonxe é capaz de chegar ( mais preto da nai),debe facelo en primeiro lugar para deixar sitio aos demais. Estando todos a cabalo, o xefe do equipo de arriba diríalle ao xefe do equipo dos pandadores: “Ovo, pico, araña”, ao tempo que pon as mans semellando un ovo ( cos dedos polgar e índice formando un o), un pico (os dedos nun puño menos o polgar cara arriba) ou unha araña (todos os dedos da man ecorvados e separados entre si imitando o corpo do insecto) e só unha destas figuras e cada ocasión. Se o que esta abaixo acerta, os equipos intercambian funcións; se non, repítese  o xogo con cada equipo apandando ou saltando como lles tocara a vez anterior.
A nai fará de xuíz.
Se os que saltan non se dan matido no alto ata acabar a xogada, se lles arrastran os pes, se caen perden e apandan. Se os que están abaixo se soltan entre eles, non aguantan o peso e caen perden e seguen apandando
.
Adaptacións:
Nunha variante  chamada “Picos, porras o tainas” o desenvolvemento sempre é igual, só varía o vocabulario.
Noutra que se chama “Churra, monta na burra” o que se fai e saltar e berrar “churra” e una vez que esta encima dicir “montado estou”.
Observacións:


2.d Tres en raia



Nome do xogo:
Tres en raia / O castro / Tic tac toe


Recordo:
Miña nai recorda xogar a este xogo cando ela era pequena, cando dispoñía de tempo libre, ela mesma facía o taboleiro e as fichas.
Tipo e características do xogo:
Xogo de Lóxica e estratexia
Orixe:
O tres en raia nace cara o século V d.c en Oriente Próximo, máis concretamente en Persia.
Nº de participantes:
2

Idade:
A partir de 4 años.
Duración:
La que requira
Ubicación:
O ideal e xogar sobre unha superficie (mesa).
Obxectivos:

O obxectivo do xogo é facer unha liña de tres fichas iguais: a liña pode ser horizontal, vertical ou diagonal.

Organización do espazo:

Colócanse o taboleiro e as fichas sobre a mesa e cada xogador colle 3 fichas dunha mesma cor.

Recursos materiais:
-Un taboleiro.
-Seis fichas: tres dunha cor e tres doutra.
Descrición e desenvolvemento do xogo:
Gana o xogo aquel xogador que consiga poñer antes as súas tres fichas en liña. O opoñente debe impedirlle que o realice e ao mesmo tempo ten que intentar facelo el coas súas fichas. O xogo tamén pode acabar en empate.

Adaptacións:

Observacións:



2.c Carreira de sacos



Nome do xogo:
Carreira de sacos
Recordo: Meu pai recorda xogar moitas veces a carreira de sacos pois era  algo co que se divertían moito e podían participar todos os que querían. O único material que se precisaba era o saco, non lles resultaba difícil conseguilo xa que vivían na aldea.
Tipo e características do xogo: Xogo tradicional. Psicomotor.
Orixe:
Ten o seu orixe en Alacante. Valencia.
Nº de participantes:
Mínimo dous
Idade:
Calquera idade
Duración:
Lo que el xogo requira.
Localización:
En el exterior o en un espazo amplo no interior.
Obxectivos:
Ganar a carreira. Para isto será preciso cubrir a distancia prevista saltando como os canguros, sempre cos dous pés dentro do saco.
Organización do espazo:
Faranse dúas marcas no chan que delimitarán a saída e a meta.
Recursos materiais: Sacos
Descrición e desenvolvemento do xogo:
Os xogadores teñen que introducir as dúas pernas nos sacos e suxeitalos coas mans. Empeza a carreira como calquera carreira normal, alguén ten que dar a saída. Para chegar a meta os xogadores deben dar saltos nos sacos, sen empurrar aos demais participantes. Gana quen chega antes á meta.
Modalidades de carreras de sacos:
·         De velocidade. Metidos os nenos nos sacos, trázanse dúas liñas paralelas a certa distancia, por exemplo, dez metros. Nunha colocanse os corredores e a outra sirve de meta. Vence o que antes chegue a liña de meta calquera que sexa o número de caídas sufridas.
·         De firmeza. Similar ao anterior, pero o ganador é o que salve a distancia entre as dúas raias co menor número de caídas.
·         De resistencia. O vencedor será o que chegue máis lonxe da liña de partida de entre os que queden en pé. A medida que vaian tropezando e caendo los corredores quedarán eliminados da proba. O vencedor será o último xogador que quede en pé.
Adaptacións:
Pódense empregar cordas ou cintas para manter xuntos os pés dos concursantes. Pódese concursar por equipos.
Observacións:


2.b Dominó



Nome do xogo:
DOMINÓ

Recordo:

Meu pai recorda xogar ao dominó no colexio no que vivía nas horas libres das que dispoñían, nunha sala na que tiñan moitos xogos de mesa.

Tipo e características do xogo:
Xogo de clasificación.

Orixe:
Surgió hace mil años en China a partir de los juegos de dados con seis caras.
Nº de participantes:
2-5

Idade:
Todas as idades
Duración:
A que requira
Ubicación:
O ideal e xogar sobre unha superficie (mesa).
Obxectivo:

Axuda aos nenos e nenas a fixar conceptos referentes aos sistemas de numeración e ao conteo.

Obriga aos nenos e nenas a adaptarse e a xogar de maneira imprevista, require dos nenos e nenas unha adaptación continua que contraponse á organización máis previsible de outros xogos.


Organización do espazo:

Se coloca unha mesa e enriba dela se esparexen as fichas e mestúranse.


Recursos materiais:

Xogo de dominó de 28 fichas. Cada ficha es rectangular y está dividida en dos partes, cada parte tiene puntos que van del 0 al 6.



Descrición e desenvolvemento do xogo:
O obxectivo do xogo es desfacerse das fichas.
Para iniciar necesítanse catro xogadores. Revólvense as fichas cos puntos cara a abaixo, de tal forma que non se vexan que fichas lle tocan a cada persoa. Repártense 7 fichas a cada xogador
O xogador que teña a ficha marcada con dobre seis  http://www.oocities.org/temoviste/images/mula6.jpg  empeza o xogo colocándoa sobre a mesa.
O xogador que está sentado a súa dereita segue o turno. Este xogador debe tirar unha ficha que teña seis nunha das súas partes, por exemplo 6-4  http://www.oocities.org/temoviste/images/64.jpge débea colocar xunto á ficha anterior. De tal forma que queden xuntos seis con seis:
O seguinte xogador á dereita correspóndelle tirar agora. A orde de tiro sempre é á dereita. Este xogador ten agora dúas opcións para tirar unha das súas fichas (sempre se toman os valores ao extremo da liña de fichas).
Pode tirar unha ficha que teña 4 puntos o tirar unha ficha que teña 6 puntos.
Agora correspóndelle ao seguinte xogador á dereita o seu tiro. Pode tirar unha ficha que tiña 4 puntos o tirar unha ficha que tenga 1 punto. Como ejemplo digamos que tira la ficha 4-2
Agora correspóndelle ao seguinte xogador á dereita o seu tiro e así cada vez que alguén tire.

En certas ocasións non se ten nin unha ficha que se poida colocar nalgún dos extremos; neste caso o xogador con tal sorte debe pasar, perdendo así a súa quenda. (tamén debe avisar os demais xogadores que "Pasa"). Esta situación déixao en desvantaxe por ter máis fichas que os outros xogadores.
Por costume (xa que deste xeito se poden identificar rapidamente), as fichas dobres (1-1, 2-2,..., 6-6), tamén chamadas Mulas, acomódanse en forma encontrada a liña de fichas, é dicir:
O primeiro xogador que quede sen fichas gaña a partida. Por iso súmanse os puntos que queden nas fichas dos outros xogadores. Esta suma escríbese e vanse acumulando conforme cada xogador vaia gañando.

O primeiro dos xogadores que chegue a 100 gaña o xogo; o que implica que se necesitan varias partidas para gañar un xogo
xogo en parellas:
Neste tipo de xogo altérnanse os xogadores de cada equipo, é dicir: Séntase o primeiro xogador da primeira parella, á súa dereita queda o primeiro xogador da segunda parella, despois segue o segundo xogador da primeira parella e finalmente o segundo xogador da segunda parella.
No xogo de parellas é o verdadeiro xogo do dominó. Require coordinación e entendemento e para iso débense de xogar moitas ocasións para "aprender" como "xoga" o compañeiro. Ao xogar de parellas, un dos compañeiros trata de facilitarlle o xogo ao seu compañeiro, ou trata de amolarlle o xogo ao xogador que está á súa dereita pois é da parella contraria.
Adaptacións:

Para os nenos e nenas máis pequenos, pódense substituír os puntos por imaxes de animais e que o neno xogue facendo parellas.


Observacións:

O mestre, antes da realización do xogo, debe asegurarse de que o neno o comprende.

2.a A Billarda






Nome do xogo:
A billarda, birlo, cano, cepa, chena ,escanícula, estornela, lipe, rebola
Recordo: avoa de Cristina recorda xogar a este xogo no seu pobo cando era pequena.
Tipo e características do xogo:
É un tipo de xogo de coordinación óculo-manual.
Orixe:
Este xogo remóntase a Idade Media, xa que aparece recollido en escritos do século XIII.

Nº de participantes:
2
Idade:
pódese xogar practicamente a calquera idade
Duración:
non ten un tempo predeterminado
Localización:
localizase fundamentalmente en aldeas de Galicia, Asturias e León
Obxectivos:
Educar na seguridade nun xogo un tanto perigoso coma este.
Organización do espazo:
É imprescindible e importantísimo, por seguridade, dispor dun lugar amplo e sen obstáculos para abillarda.
Recursos materiais: Soamente son necesarios dous paus: un grande de 50 cm aproximadamente e outro mais pequeno de 15 cm.
O palau ou palán: pau non moi groso, recto,duns 60 cm. Con el lánzase a billarda e serveademais para medir logo a distancia á que semandou.A 
Billarda: pau máis estreito (entre 20 e 25 cm.),coas puntas afiadas para que salte do chan aogolpear nelas o palau.O
Reinado: círculo feito co palau no chan ao xirarsobre si mesmo un dos participantes.

Descrición e desenvolvemento do xogo: O primeiro é facer unha marca no chan. Nesta colócase o pao mais pequeno “a billarda”. Co pao mais grande golpease nun dos extremos co fin de facerlle saltar no aire e cando se atopa así batease co pao grande. O xogador que a lanza mais lonxe gaña e se antes de que a billarda volva de novo o chan e collida pola outra persoa que está a xogar, gaña este e tira el.

Adaptacións:

Observacións: